Xa que estamos en pretempada e en pleno aprendizaxe do funcionamento da nosa app e Web na que todos nos ides seguir de aquí en diante, estamos tamén facendo probas para que todo estea listo para o inicio de liga, dentro dunha semana.
Onte tivemos, máis que un partido, unha xuntanza deportiva de amigos.
Á gran maioría da peña non a coñecíamos, pero foi un pracer disfrutar dunha mañá agradable de deporte e extremadamente calurosa, con estas estupendas persoas.
E ademáis, a posteriori, tamén disfrutamos xuntos duns pinchos no noso bar de confianza, a Taberna do San Benito, que como sempre, deixounos a todos namorados ca sua atención espectacular.
Moitas grazas o equipo do S.D. Irmandade e aos seu amigos de Salamanca por tan grata mañá😘.
E diredes vos.....e de fútbol non vas a decir nada? Non imos poder saber como está o equipo ?
Pois ides quedar cas gañas, porque para o que se veu, e mellor non contar nada🤷.
Sabemos que este ano imos a ter moita presión porque todo mundo conta con nós como un dos principais candidatos ao ascenso.
Eso é o que se escoita polas tabernas e polos campos de fútbol, pero o noso guía espiritual non o ten tan claro...
A explicación do Tata sobre como ve o equipo esta tempada é, "temos entre mans un Ferrari para andar por unha corredoira de vacas, cando facía falla un tractor. Imos levar nos dentes😔"
Tamén temos que mencionar o gran traballo do noso 10 fora do rectángulo, cando tivo que facerse cargo dunha cabra que escapou dunha casa. Setímonos orgullosos do exquisito trato que lle dou a inquieta cabra♥️