Datos del partido
- Rival: C.D. LALIN
- Fecha: 19/09/2026
- Hora: 18:00:00
- Campo: Anexo Manuel Anxo Cortizo
- Resultado: 3 - 4
Relato
Crónica do partido
Segundo partido na nova categoría e primeira victoria✌️.
Pero a cousa non pintaba ben a media hora do inicio...
O equipo saleu cunha boa empanada o rectángulo e así se reflexou no electrónico, cun contundente 2-0.
O Tata non sabía como atallar semellante desfeita pero de repente os astros alinearonse co gol de falta de Lois Leal. A partir dese momento a cousa empezou a cambiar, e xusto antes do descanso chegou o empate por medio de Ruben.
Na segunda parte o equipo si saleu a polos 3 puntos e os 15 minutos da reanudación dous goles, un de Bouzón e outro de Rubén, que repetía, deixaba o marcador en 2-4.
Pero a tranquilidade durou pouco porque en 5 minutos, os locais puxéronse de novo a un, anotando o seu terceiro gol e deixando moi preocupado a Chupi que leva 5 o lombo en dos partidos. Si quere ser o Zamora da liga vai ter que ir espabilando😅.
Na última media hora tocou sufrir e aguantar como se pudo o 3-4.
Finalmente acadouse o obxetivo de traer os 3 puntos pero o equipo sigue a encaixar demasiado fácil.
Chupi non estará nada contento pero debería ser unha preocupación xeral para o equipo, e sobre todo do Tata, que parece que se esqueceu das orixes deste clube, onde a sinal de identidade era a de encaixar poucos goles.
Como nota lamentable no partido, alguén dos nosos rompeu un cristal no campo. E certo que na relación entre balón e cristal soe sair perdendo casi sempre o transparente, pero temos que criticar duramente ao culpable do delito, que dito sexa de paso, non se aclarou quen foi🤔. A investigación segue aberta para aclarar o sucedido....
Seguramente quen terá que pagar sexa o noso patrocinador. Moitas grazas ❤️