Datos del partido
- Rival: CLUB DEPORTIVO DOZON
- Fecha: 26/09/2026
- Hora: 18:30:00
- Campo: O Forte-Boqueixón
- Resultado: 4 - 1
Relato
CRÓNICA DO PARTIDO (XORNADA 3)
Quen vira o partido de onte, estamos seguros que lle costaría crer que ata o minuto 78 estivéramos 1-1.
A verdade é que e difícil de entender🤦
Somos moi mantas de cara o gol, esa é a explicación 🤷.
A cousa empezou moi ben, o equipo combinaba e pisaba fácilmente a area visitante, pero o último pase sempre era unha puta merda😭.
Os de Dozón, casi nin se achegaban a noso campo.....ata que se achegaron🤦🤦 Daquela, como ven sendo habitual este ano, o balón acabou dentro da portería. Incrible!! 0-1 Ver para crer🙄
E non todo e culpa do porteiro, que xa ten dabondo con aturar aos compañeiros cos comentarios de "5 tiros a porta en liga e 6 goles encaixados"🤦.
O equipo precisa algo máis de contundencia🙄. Pero estamos en proceso....
Tivo que ser nun corner no que Bouzón acadou o empate. Pero xa tivéramos unhas cantas antes🙄...
Ao descanso chegamos así, con dominio absoluto, ocasións claras, pero sin máis goles e polo tanto, tablas no electrónico.
Na segunda máis do mesmo🤷
Pero foi nunha ocasión doble na que empezamos a preocuparnos seriamente.... De primeiro, Bouzón picándolla ao porteiro e batendo no longueiro, e de segundo, no rexeite, Carlos casi a porta baleria de cabeza mandouna fora. Xa ía a mitade da segunda parte e despois de semellantes fallos, parecía que non era o día😰. A cousa tiña pinta de empate a 1😭.
Pero o equipo sigueu confiando, e máis por cansancio dos visitantes que polo noso bo xogo, finalmente anotamos o segundo grazas a Carlos, que estaba cagado xa que sabía que como non ganáramos íanlle caer paus por todos os lados polas que levaba fallado🤦.
A partir de aquí os visitantes viñéronse abaixo e os nosos remataron un partido que debeu quedar sentenciado xa na primeira parte🤷.
Como nova, onte foi a primeira vez que para escoller ao MVP do equipo votaban as parellas dos xogadores.
Houbo protestas porque dise que este novo sistema crea desequilibrio para acadar o premio🤔🤔🤔🤔
Si se pensa ben, é posible que si, teñen moitas máis posibilidades os que as parellas non os acompañan🤦🤷.