Área privada Entrar
Próximo partido
Reale Lestedo Veteranos vs SPORTING CRUCES 24/10/2026 · 18:30 Veteranos · Segunda Galicia O Forte-Boqueixón · Local

Crónica

Crónica XORNADA 4 · F.V.S.P.V.-COMERCIAL SANTAS · 03/10/2026

04/10/2026

O retorno ao fútbol de antaño✌️

Crónica XORNADA 4 · F.V.S.P.V.-COMERCIAL SANTAS · 03/10/2026

Datos del partido

  • Rival: F.V.S.P.V.-COMERCIAL SANTAS
  • Fecha: 03/10/2026
  • Hora: 16:30:00
  • Campo: San Pedro de Vilanova (Vedra)
  • Resultado: 0 - 1

Relato

Cronica do partido (Xornada 4)

Sabíamos que ía ser un partido difícil porque o campo de terra non é para nós, e ademáis non deixa de ser un partido de máxima rivalidade🤷

Pois así foi...

Moita igualdade dende o minuto 1 entre os dous equipos. Os nosos intentaban facer fútbol, algo que non saben nun campo axeitado para elo, e queren facelo nun terreo no que é imposible🤦🤦. Pero a realidade e que pouco nos achegamos a porta dos locais quitando un par de corners nos que nos pudemos adiantar. Foron os de Vedra os que tiveron duas boas oportunidades de marcar nos primeiros 45 minutos.

Na segunda parte o equipo saleu mellor, e aos 20 minutos un gran pase de Carlos deixou a Rubén man a man co porteiro, facendo o gol que a posteriori nos dou a victoria.

A cousa foi indo ben pero o cuadro non era digno de ver.... Diego que prendía a moto por banda e que cando se daba conta xa non tiña o balón con el, Rocha que golpeaba con todas as suas forzas contra o suelo clavando a uña na terra, a Torres tropezáballe seguido o balón na espinillera, Lois caía a rebolos o perder a estabilidade cando batía co noso ex, Moncho Cernadas....en fin, daba peniña ver aquelo😭.

No tramo final o noso equipo tivo que poñer o mono de traballo e rezarlle a algún santo para que non nos empataran, e funcionou, porque San Chupi librounos con dúas boas paradas, incluindo un penalti🙏🙌.

O campo de Vilanova vai a dar moito que falar porque a todos os equipos lles vai costar moito rascar puntos ahí. E deicade que veña a choiva, que van flipar😰.

Non fixemos un bo partido nin moito menos pero a lectura ten que ser boa porque xogando mal gañamos nun dos campos máis complicados da categoría✌️. O único que se pode destacar do equipo foi o esforzo feito, e facelo como eso, un equipo... pouco mais 🤷.

Onte só faltou no campo o Mikasa😍