Datos del partido
- Rival: SPORTING CRUCES
- Fecha: 24/10/2026
- Hora: 18:30:00
- Campo: O Forte-Boqueixón
- Resultado: 4 - 3
Relato
Crónica do partido (xornada 7):
Vistoso partido o disputado onte no campo de O Forte entre o Reale Lestedo e o Sporting Cruces.
Como a semana pasada, o noso equipo comezou moi ben. Con intensidade, intentando xogar e dando moi poucas opcións aos contrareos.
E así foi que despois de varios achegamentos a portería dos das Cruces, David Silva, na primeira ocasión clara do noso equipo, rematou un bo centro levando o marcador ao 1-0 no minuto 3 de xogo.
O equipo sigueu na mesma liña e pudo aumentar a diferenza pero non houbo acerto.
Tamén, como ven sendo norma🤦, no primeiro achegamento a nosa portería, por certo, precedido dunha boa cagada na saida de balón dos nosos, chegou o empate.
Pero o equipo non se veu abaixo. O dominio era claramente noso ainda que cando perdíamos a pelota, cousa que pasou bastantes veces, había certa sensación de perigo, pero sin acabar nunca en ocasión de gol.
Alá polo minuto 35, Carlos, alías "Cejo" recolleu un balón no borde da area que remachou cun gran trallazo ao fondo da portería, poñendo o 2-1 no electrónico e facendo xustiza o visto no campo.
Así rematou a primeira parte, co 2-1, pero o resultado debeu ser máis amplo.
Na segunda o guión foi o mesmo que na primeira.
Cando ae levaban xogados 10 minutos do reinicio chegou unha xogada que pudo ser decisiva no desenlace do partido.
Lois Leal, cun trangueirazo dende a quinta collona, mandou o balón a parte baixa do longueiro facendo que botase medio metro dentro da portería e saindo despedido para a fora polo lóxico efecto que levaba. O balón recolleuno o porteiro pero o mesmo tempo o arbitro dende o medio campo pitou🤔.
Todos cantamos gol, porque así o vimos claramente, e entendimos que o árbitro tamén, si non, cal foi a razón de pitar🤷
Pero cal foi a nosa sorpresa cando o colexiado achegouse cara o porteiro e despois de falar con el, decideu que non fora gol😯😯😯😯.
Nadie entendeu nada🤷.
Foi un claro gol que nos daba a tranquilidade e non alcanzamos a comprender porqué non se concedeu, despois de pitar "algo" que non podía ser outra cousa que gol.
Deixamos claro que o colexiado fixo un bo arbitraxe, pero nesta xogada equivocouse claramente e perxudicounos, porque 5 minutos despois, e debido o desconcerto dos nosos, nunha nova cagada defensiva, o marcador púxose en tablas outra vez🤦🤦.
A partir de aquí, durante 15 minutos o equipo estivo descolocado e perigraron os puntos😰.
O partido tiña pinta de empate ata que chegou o espectacular gol de falta directa de Javiño. Golazo pola mesma escadra♥️♥️.
Ese gol dounos a tranquilidade que nos faltaba e poucos minutos despois nunha boa combinación chegou o 4-2 que practicamente nos daba a victoria.
Co partido casi rematado, un balón longo recolleuno o dianteiro das Cruces, que cun xenial control anulou a acción defensiva dos nosos e quedou só diante de Chupi, logrando o terceiro gol, e deixando o definitivo 4-3 no marcador.
Con esta victoria seguimos na segunda posición cos mesmos puntos que o líder.
Xa só quedamos 4 equipos co casilleiro de partidos perdidos a cero💪
Para a semana non hai liga, pero si teremos partido de Copa.