Datos del partido
- Rival: Merza Veteranos
- Fecha: 31/10/2026
- Hora: 18:00:00
- Campo: Municipal Do Camballón
- Resultado: 1 - 5
Relato
Crónica do Partido O bonito da Copa é que disputas partidos diferentes os que temos na liga regular e dá a oportunidade de quedar eliminados contra equipos de categoría superior.
Que motivación maior poderíamos ter no partido de onte que a de xogar, no caso de pasar, a seguinte eliminatoria cun Primeira, e máis sendo ese equipo o dos nosos amigos do Club Taberna do Portugués-Boqueixón Veteranos😍.
Non é de extrañar que onte non lle déramos ningunha opción o Merza Veteranos, un equipo que en liga sigue invicto, pero que onte tivo que rendirse ante as nosas gañas de xogar contra un equipo de categoría superior na seguinte eliminatoria.
A verdade e que tampouco houbo tanta diferenza da primeira parte de onte a disputada fai 15 días no mesmo campo e contra o mesmo rival. A principal foi que onte das 3 primeiras chegadas a area local, marcamos dous goles🤷🤷. Cambia moito a forma de afrontar o partido poñerse 0-2 no minuto 20🙄.
Dous cabezazos, un de Cheni e outro de Regueira dounos a tranquilidade que tamén debimos ter fai 15 días.
O Merza Veteranos tivo unha ocasión no tramos final da primeira parte cun man a man con Chupi, a sua especialidade🤷. O marcador non se moveu ahí, pero si uns minutos despois cun tiro de fora da area do recuperado Bouzón.
Cun claro 0-3 fumos ao descanso.
Na segunda un claro penalti pitado o noso favor fixo que Carlos, alias Cejo, anotara o 0-4.
A partir de aqui so houbo que deixar pasar o tempo e nin tan siquera o gol local despois dun momento de relaxación defensiva, lle dou algunha opción os das Cruces, porque nin 5 minutos lles demos para pensar na remontada.... Unha boa xogada por banda esquerda remata cun gran cabezazo, o terceiro da tarde ca testa, de Rubén, o noso maximo goleador, deixando no electrónico o 1-5 definitivo.
Alegrámomos moito de que onte o mister pudera disfrutar dun Sábado de tranquilidade👏👏. Merecía un resultado así para demostar que a sua proposta do patapum é a máis eficaz, e tivo que darse a situación de faltar os xogóns do medio campo para poder demostralo✌️. É un visionario 😍😍.
E agora qué?
Fainos moitísima ilusión ter que xogar contra os nosos veciños o 2 de Febreiro do próximo ano♥️. Será un día de festa no Concello🎊🎊.
Tataremos de ser un digno rival💪